APETEGA VIRTUAL
Blog da Asociación de Profesores de Tecnoloxía de Galicia
shim
shadow
<Noviembre 2008
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
             


o

Navegación

Archivos

o

Enlaces

Bloxus
Blogalia
Blogómetro

Bloxus
Bloxus

shim shadow

XORNADAS DE TECNOLOXÍA


as VI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia terán lugar o 21 e 22 de Abril no IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia (Ourense).

a través do foro da páxina de APETEGA, FORO DE APETEGA, irase informando das actividades previstas. tamén se agredecen as suxerencias que podades facer sobre os obradoiros, horarios, etc,...

polo de pronto, e como novidade, contemplamos facer unha visita o venres pola mañá.

21:30 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



NOVA WEB DE APETEGA


ainda que seguiremos usando este blog, APETEGA ten o pracer de anunciar a creación da súa nova web: APETEGA.ORG

nela, pouco a pouco, irase incluindo toda a información relacionada coa asociación: reunións, xornadas. convocatorias, lista de socios, etc,...

01:46 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



GNIX: DISTRIBUCCIÓN LINUXERA EN GALEGO


esta mensaxe mandouna roberto brenlla á lista de software libre e educación de galicia. penso que pode interesarvos, en especial ós que asististedes ás anteriores xornadas onde se fixo una presentación con GNIX:



Tedes unha nova versión do novo GNIX (moi estable pero nomeada
'release canditate 1') en galego e instalable en disco duro. Está
baseada no que será a vindeira Ubuntu (e tamén a Guadalinex ...) e
inclúe o máis novo software, escritorio GNOME, OpenOffice.org, etc. e
até o Automatix, un programa que permite a instalación doada de
plugins de Java e Flash, códecs multimedia, fontes M$ para o OOo, etc.

Podes descargala dende aquí:
http://breogan.agnix.org/gnix_0.10/gnix_0.10_rc1.iso
e podes ler algo máis dela aquí:
http://www.agnix.org/index.php?option=content&task=view&id=1511&Itemid=2

Agora a secuencia de versións e melloras será continua e rápida, polo
que se queres ou precisas algunha aplicación en concreto podes pedilo
e trataremos de facelo posteando aquí mesmo ou agardando un chisco a
que teñamos unha rolda de correo específica. Tamén estamos traballando
na documentación.

20:10 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



II JORNADAS DE INNOVACIÓN TECNOLÓGICA: ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!


Apreciado amigo / apreciada amiga

Las II Jornadas de Innovación en Educación Tecnológica – 2as JJIET, organizadas
por la Fundación Epson | Instituto de Tecnoética y la Plataforma Estatal
de Asociaciones del Profesorado de Tecnología (PEAPT), celebran este año
su segunda edición.

Las 2as JJIET se celebrarán, ON-LINE, entre los días 1 a 28 de febrero de
2006, y tendrán un epílogo presencial, el día 11 de marzo en Barcelona. El
plazo de inscripción, así como para la presentación de comunicaciones, va
del 10 al 30 de enero. Encontrará el dossier explicativo en la dirección:
http://www.fundacion-epson.es/jjiet/jornadas.pdf

Las Jornadas de Innovación en Educación Tecnológica (2as JJIET) son un encuentro
en red de personas pertenecientes a distintos colectivos profesionales que
tienen en común su interés por la educación tecnológica.

Dada la omnipresencia de la tecnología en el mundo actual y su creciente
influencia en la ciencia contemporánea y ante el reto que supone introducir
en los centros de enseñanza los avances tecnológicos continuados, consideramos
imprescindible realizar una reflexión sobre cuál ha de ser el papel de la
educación tecnológica en la Educación Secundaria, y sobre la metodología,
contenidos y formación global que deben recibir los alumnos y alumnas en
el área de Tecnología en la ESO y en las asignaturas de tecnología del Bachillerato.
Esta reflexión debe ser el resultado de aportaciones de todos los agentes
implicados en la formación de los y las jóvenes. Es en este sentido que se
propone la participación en estas Jornadas al profesorado, tanto de educación
secundaria como universitaria y de adultos, pero también a las empresas y
colegios profesionales, ya que ellos pueden establecer un perfil de las necesidades
del mundo laboral.

Le hacemos saber que cualquier información que pueda necesitar se encuentra
disponible en la web de las JJIET: www.fundacion-epson.es/jjiet/index.htm,
donde encontrará también el formulario de inscripción. Le animamos a participar
de forma activa en las jornadas.

Si tiene preguntas, dudas o sugerencias, por favor póngase en contacto con
nosotros.

Reciba un cordial saludo.

Silvia Miguel,
Fundación EPSON | Instituto de Tecnoética
T: 93 237 34 00
comunicacio@fundacion-epson.es

20:06 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



EXPOSICIÓN EN SANTIAGO: ÉXITO NON TOTAL



concentracion2

(praza do toural durante a exposición de proxectos)

pois si, gustariame calificala de éxito total pola resposta de multitude de compañeiros que se achegaron cos seus proxectos pero resulta que fallaron os da prensa (hidraúlica non, a outra ;-) en fin, alá eles. polo que a mi respecta teño claro dende fai moito tempo como funcionan os medios de (in)comunicación neste pais. espero que cada vez sexamos máis os que teñamos conciencia desta penosa situación (nalgunhas radios si que deron a noticia, e tamén nalgunha TV local, tamén saimos moi brevemente en La Voz edición santiago).

en todo caso creo que calquera que pasara pola exposición puido ver multitude de proxectos a cada cal mellor, e tamén como os paseantes estaban realmente intersados nos mesmos (tanto nenos coma avós). para outro ano penso que deberemos repetila con algo máis de tempo e publicidade.

vou deixar por aquí as fotos e a ver si deixades algún comentario :-) todas as fotos que fixemos están accesibles na seguinte dirección do flickr: FOTOS APETEGA
(se vos interesa algunha foto picade enriba para ampliala)

quero recordarvos que as fotos de momento non se poden ver dende os Institutos por que os listos da consellería (creo que é a de presidencia) teñen bloqueado o Flickr (que é a páxina que uso eu e centos de miles de persoas para compartir fotos). non estaría demáis que escribirades ou chamedes para insultalos por este motivo.

proxectos
interesante muiño

tini

dúas profes comentando os proxectos

proxectos6

coche con dous motores controlados con unha controladora caseira programable en C (para que digan os de informática que non sabemos usa-lo ordenador :-)


proxectos5

instalacción eléctricas na vivenda

proxectos4
proxectos3

proxectos de todo tipo

tvgenfolga

un pouco despois da nosa exposición-concentración había unha concentración de traballadores da TVG (noticia da que por suposto non se informa :-)

lego

brazo-robot de lego (nalgunhas comunidades xa mandan o lego mindstorm ás ulas; para cando en Galicia?)

nenos

os nenos disfrutaron moito dos proxectos

policia

ata a policia estaba interesada nos proxectos

cociña2

a cociña solar foi unha das estrelas da exposición

djrober2

dj Rober amenizou a xornada pinchando Kraftwerk (os pais do Tecno). e de paso se disimulaba un pouco o ruido do xenerador de electricidade.

22:48 | dpizarrro | 2 Comentarios | #



EXPOSICIÓN DE PROXECTOS, CONCENTRACIÓN E ASEMBLEA


o vindeiro día 3 de Xuño faremos un acto reivindicativo da educación tecnolóxica na Praza do Toural de Santiago.

a partir das 6 da tarde faremos unha exposición de proxectos e materiais diversos relacionados coa nosa asignatura e ás 19:00 h. faremos a concentración de protesta polo anteproxecto da Lei de educación. Por suposto estades todos invitados a asistir e participar. Sería moi importante que a exposición fose ampla para que chame atención dos medios de comunicación.

Ás 20:00 terá lugar unha asemblea de APETEGA no IES Rosalia de Castro (enfrente da alameda) para tratar o tema da movilización polo anteproxecto de Lei e as Xornadas de Tecnoloxía que está a organizar a Consellería de Educación para Outubro coa nosa estimable axuda.

00:12 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



PUNTO E SEGUIDO


como toda concentración que se precie esta tamén rematou coa leitura do manifesto.

ó final entregáronse 17.000 sinaturas (haberá alguén que as revise? :-)

aquí vemos a luis, presidente da asociación de madrid, lendo o manifesto. e instándonos a tod@s a seguir coa reivindicación. no fondo ainda non logramos nada, agás enche-lo ánimo de seguir.


manifiesto

17:45 | dpizarrro | 1 Comentarios | #



MENOS POLICIA E MÁIS TECNOLOXÍA


esta é unha das diversas rimas que "inventamos" sobre a marcha. como vedes estaba xustificada:

poli

porta do ministerio ás 11 da mañán. máis vale previr... :-)

poli2

marcaxe de cerca ( a verdade é que non hubo ningún incidente; no fondo somos xente de orde :-)

17:38 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



GROOVE IS IN THE HEARTH

(nota para curiosos: este é o título dunha das miñas cancións preferidas, de DEE LITE, unha peza maxistralmente hipnótica)

parte do éxito da concentración debeuse a estes compañeiros (parece ser que son de cádiz) que amenizaron todo o rato en plan carliños brown e o seu grupo, timbalada. en especial cando estivemos cortando a rúa animaron moito á xente a que bailaran e se divirtiran. tomade nota para futuras movilizacións: o tema diversión é básico para os asistentes (a de lugo por exemplo en comparación foi moi seriota, e ainda menos mal que tiñamos o megáfono; o resultado no fondo pode ser o mesmo, pero o ánimo co que marcha a xente moi diferente).



carliñoswhite


carliñoswhite2

17:34 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



ACCIÓN E REACCIÓN


curiosamente ate que non se cortou o tráfico non apareceron as cámaras de televisión. casualidade?. pode ser :-)


trafico5

interrumpimos o tráfico durante 40 minutos o así, ata que a policia amenazounos con poñer unha multa de 3.000 euros a tódalas asociación convocantes. ante esa perspectiva, retiramonos á rúa outra vez :-)

trafico9

por suposto hubo sentada, e tamén baile no medio da rúa

trafico2

17:14 | dpizarrro | 1 Comentarios | #



PRIMER ROUND


non nos enganemos: a concentración de madrid é un éxito dende un punto de vista interno (2000 persoas según os organizadores, 1000 e algo según a policia :-) pero é só un primer paso. aínda non logramos nada salvo coller moita moral.
dende galicia fomos a madrid algo depres ante o pouco éxito da convocatoria propia, pero compensounos de sobra o ben que o pasamos, a cantidade de asistentes (galegos calculamos que uns 40 como xa dixen) e o ambiente xeral que se respirou (a xente relamente está convencida de que temos posibilidades de lograr algo sen non cedemos nas movilizacións e reivindicacións).

poño algunhas fotos. o resto as tedes nesta dirección: fotos de apetega


concentracion1

concentración na rúa alcalá, enfente do ministerio. hubo moita cor e animación: pancartas, exposicións de proxectos. disfraces, música de percusión, etc,...

concentracion3


tecnologos6

a presidenta de apetega, traballando coma sempre :-)

17:06 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



VELÁZQUEZ


aquí está a foto da kedada no museo do prado (logo chegaron máis compañeiros). de esquerda a dereita: jesus, césar, maría, xosé ramón, carmelo, code, avelino, un servidor e ana.
ó final debimos ser unhas 40 persoas de galicia (non é moito pero tampouco despreciable)

velazquez2

16:46 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



QUENTANDO MOTORES


esta é a pancarta que umos levar á manifestación. a nena non vai incluida :-)

140_4076

15:51 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



VIAXE A MADRID


ó final non imos poñer un autobús para ir por que non chegaban a 30 as persoas apuntadas. esperamos de todos xeitos que isto non desanime a ninguén e asistades á concentración polos vodos medios. ánimo e adiante que ainda temos moito que loitar. como diría meu pai: "quen dixo medo habendo hospitais" :-)

20:10 | dpizarrro | 1 Comentarios | #



CONCENTRACIÓN EN MADRID


CONCENTRACIÓN del profesorado de tecnología en Madrid
En defensa de la Educación Tecnológica

Día: sábado 7 de mayo
Hora: 12 h
Lugar: c/ Alcalá 36 (Sede Central do MEC)

Organiza: Plataforma Estatal de Asociaciones del Profesorado de Tecnología
APTA (Andalucía); As. Agustín de Bethencourt (Canarias); APTC (Cantabria); APTC (Catalunya); APTCR (Castilla-La Mancha); APTEX (Extremadura); APETEGA (Galicia); APTE (Madrid); ATECMUR (Murcia); APTENA (Navarra); APTLR (La Rioja); APTCV (Valencia); APTEVA (Valladolid)


se queredes ir é importante que o comuniquedes pronto para poder negociar o dos autobuses (cantidade, prezo, lugares de saida, etc,,,). escribide ó correo de APETEGA.

máis información na resucitada páxina de APETEGA:

web de apetega

18:31 | dpizarrro | 1 Comentarios | #



DE VOLTA


o servidor de bloxus estivo caido pero xa estamos de volta. lamento os posibles perxuicios, pero así é o mundo da informática :-)

en breve informaremos das xornadas (pasado) e das movilizacións vindeiras (futuro).

O 7 DE MAIO TODOS E TODAS A MADRID EN LOITA POLA EDUCACIÓN TECNOLÓXICA!

EDUCACIÓN É CULTURA

POR UNHA ENSINANZA PÚBLICA E DE CALIDADE: TECNOLOXÍA NA LOE!

20:02 | dpizarrro | 2 Comentarios | #



V XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA

APETEGA ten o prazer de convidarvos ás V xornadas de tecnoloxía de Galicia, e sobre todo de animarvos a colabourar coas mesmas, ben aportando material para a exposición (calquera cousas relacionada coa nosa asignatura pode considerarse axeitada) ou ben aportando material para o CD ou a revista que se distribuen nas xornadas.


cartel xornadas

nos próximos días enviaremos unha carta a tódolos IES e CPI de Galicia (se non chega ó voso, avisade por favor) no que se incluira un póster das xornadas (moitas gracias a Roberto Noya pola elaboración) e un tríptico para a inscrición (ver debaixo).



triptico1




triptico2





pinchando aquí tedes a posibilidade de descargar o
TRÍPTICO V XORNADAS (formato word) TRÍPTICO V XORNADAS (formato pdf)

calquera consuta podedes facela na dirección de coreo electrónico de APETEGA

00:43 | dpizarrro | 5 Comentarios | #



CORRECIÓN Ó MAIL ANTERIOR DA DIRECTIVA

Estimad@s soci@s:



O próximo día 18 de Febreiro, no IES Xelmirez I (Santiago de Compostela)( a entrada e polo campus sur, xunto as pistas de tenis) teremos unha asamblea (extraordinaria???) na que falaremos, entre outros temas:

Reforma educativa e actuación en Galicia.

Xornadas Enerxía solar

Xornadas de APETEGA.

Sen outro asunto que tratar, e esperando vervos o día 18

Un saúdo a tod@s

A tecnodirectiva.



Para os interesados nas xornadas sobre enerxias no seguinte enlace podedes informaros do que necesitedes..



XORNADAS ENERXÍA

09:34 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



RESUME DA ENTREVISTA EN MADRID


aquí debaixo vos podedes descargar o documento que resume a entevista co ministerio de educación na que participou APETEGA

documento resume entevista en madrid (formato WORD)

p.s.: a nivel persoal lamento profundamente que o formato do arquivo non sexa o maís axeitado para unha asociación que aposta polo movimento do "software libre". co tempo iremos resolvendo estas contradicións. se alguén non pode ter acceso ó arquivo (ou a súa relixión llo prohibe :-) que me escriba e mándollo noutro formato.

04:11 | dpizarrro | 0 Comentarios | #



INFORMACIÓN DA DIRECTIVA

copio e pego o mail que ven de mandar a directiva a tódalas persoas que están na libreta de direccións. se estades interesados en recibir os mails podedes mandar un correo á nova dirección de APETEGA

Estimad@s soci@s:
Poñémonos en contacto con vosco para comunicarvos que o pasado día 19 de Xaneiro tivemos, representantes de varias asociacións de profesorado de tecnolxía de España, unha reunión en Madrid con D. Juan López., Subdirector Xeral de Ordenación Académica do MEC, para facer chagar as nosas propostas ante a reforma educativa que se está a plantexar (o resumo detallado desta reunión podédelo consultar no blog da asociación: apetega.bloxus.com)
Tendo en conta que será de vital importancia para nós facernos ouvir en tódolos ámbitos, facémosvos chegar a convotoria para as xornadas: "A ESCOLA QUE QUEREMOS" que se celebrarán o vindeiro día 12 de Febreiro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, e que contarán coa presencia de Alejandro Tiana Ferrer, Secretario Xeral de Educación do MEC. Consideramos que ésta, pode ser unha boa oportunidade para para volver a plantexar o noso punto de vista sobre o papel da asignatura de tecnoloxía na educación e as nosas reivindicacións.
Aproveitamos tamén para informarvos de que probablemente o próximo día 19 de Febreiro, no IES Xelmirez II (Santiago de Compostela) teremos unha asamblea na que falaremos, entre outros temas:
Reforma educativa e actuación en Galicia.
Xornadas Enerxía solar
Xornadas de APETEGA.
Sen outro asunto que tratar, e esperando vervos o día 19
Un saúdo a tod@s
A tecnodirectiva.

"A ESCOLA QUE QUEREMOS"
Matrícula: gratuíta
Organizadas por CIG-ensino e AS-PG
Incrición:
CIG-Ensino: Rúa Miguel F. Caaveiro, nº 10 1º, Santiago de Compostela, telf: 9815768
correo electrónico: formacion@cig-ensino.com
AS-PG: Rúa Laracha, 9 baixo, A Coruña Tfno: 981278258
correo electrónico: informacion@as-pg.com
Homologación: Está prevista a homologación pola Consellería de Educación por 10 horas.

04:11 | dpizarrro | 0 Comentarios | #





© picasso
Diseño por Bryan Bell
shim