| < | Enero 2009 | |
| Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
| |
|
|
1 |
2 |
3 |
4 |
|
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
|
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
|
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
|
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
|

|
 |
Inicio > Historias > INFORMACIÓN DA DIRECTIVA
INFORMACIÓN DA DIRECTIVA
copio e pego o mail que ven de mandar a directiva a tódalas persoas que están na libreta de direccións. se estades interesados en recibir os mails podedes mandar un correo á nova dirección de APETEGA
Estimad@s soci@s:
Poñémonos en contacto con vosco para comunicarvos que o pasado día 19 de Xaneiro tivemos, representantes de varias asociacións de profesorado de tecnolxía de España, unha reunión en Madrid con D. Juan López., Subdirector Xeral de Ordenación Académica do MEC, para facer chagar as nosas propostas ante a reforma educativa que se está a plantexar (o resumo detallado desta reunión podédelo consultar no blog da asociación: apetega.bloxus.com)
Tendo en conta que será de vital importancia para nós facernos ouvir en tódolos ámbitos, facémosvos chegar a convotoria para as xornadas: "A ESCOLA QUE QUEREMOS" que se celebrarán o vindeiro día 12 de Febreiro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, e que contarán coa presencia de Alejandro Tiana Ferrer, Secretario Xeral de Educación do MEC. Consideramos que ésta, pode ser unha boa oportunidade para para volver a plantexar o noso punto de vista sobre o papel da asignatura de tecnoloxía na educación e as nosas reivindicacións.
Aproveitamos tamén para informarvos de que probablemente o próximo día 19 de Febreiro, no IES Xelmirez II (Santiago de Compostela) teremos unha asamblea na que falaremos, entre outros temas:
Reforma educativa e actuación en Galicia.
Xornadas Enerxía solar
Xornadas de APETEGA.
Sen outro asunto que tratar, e esperando vervos o día 19
Un saúdo a tod@s
A tecnodirectiva.
"A ESCOLA QUE QUEREMOS"
Matrícula: gratuíta
Organizadas por CIG-ensino e AS-PG
Incrición:
CIG-Ensino: Rúa Miguel F. Caaveiro, nº 10 1º, Santiago de Compostela, telf: 9815768
correo electrónico: formacion@cig-ensino.com
AS-PG: Rúa Laracha, 9 baixo, A Coruña Tfno: 981278258
correo electrónico: informacion@as-pg.com
Homologación: Está prevista a homologación pola Consellería de Educación por 10 horas.
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://apetega.bloxus.com//trackbacks/5165
Comentarios
© picasso
Diseño por Bryan Bell
|
 |
|