|
Esta concentración é moi importante. Todo este tempo as distintas asociacións temos realizando múltiples entrevistas, contactos, enviando documentos, notas de prensa, xustificando e argumentando exhaustivamente todas as nosas reivindicacións, ... e seguimos niso, pero non chega. É moi importante que se observe a unión de todo o profesorado de tecnoloxía, unha resposta firme e contundente en defensa da nosa área. Estas decisións sobre a tecnoloxía foron tomadas pensando que non habería ningunha presión, que ninguén ía a estar en contra, que a área de tecnoloxía non ía a ser defendida, que era un obxectivo fácil, unha materia débil. Temos que demostrar que non é así. Unha presenza numerosa en Madrid do profesorado de tecnoloxía de todas as comunidades autónomas pode axudar moito a darlle a volta a esta grave situación. Non hai excusas para non ir, pois xogámonos moito. O que sabemos en teoría: se cada un de nós pon unha gota de auga temos un océano, se non, o que hai é sequía. Agora falta levar a teoría á práctica. ¡todas e todos o día 7 diante do mec! Faremos entrega das nosas reivindicacións no rexistro central do ministerio.
¡A TECNOLOXÍA É CULTURA! Que se escoite ben forte...e que rectifiquen.
|