APETEGA VIRTUAL
Blog da Asociación de Profesores de Tecnoloxía de Galicia
shim
shadow
<Enero 2009
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
             


o

Navegación

Archivos

o

Enlaces

Bloxus
Blogalia
Blogómetro

Bloxus
Bloxus

shim shadow
Inicio > Historias > EXPOSICIÓN EN SANTIAGO: ÉXITO NON TOTAL

EXPOSICIÓN EN SANTIAGO: ÉXITO NON TOTAL



concentracion2

(praza do toural durante a exposición de proxectos)

pois si, gustariame calificala de éxito total pola resposta de multitude de compañeiros que se achegaron cos seus proxectos pero resulta que fallaron os da prensa (hidraúlica non, a outra ;-) en fin, alá eles. polo que a mi respecta teño claro dende fai moito tempo como funcionan os medios de (in)comunicación neste pais. espero que cada vez sexamos máis os que teñamos conciencia desta penosa situación (nalgunhas radios si que deron a noticia, e tamén nalgunha TV local, tamén saimos moi brevemente en La Voz edición santiago).

en todo caso creo que calquera que pasara pola exposición puido ver multitude de proxectos a cada cal mellor, e tamén como os paseantes estaban realmente intersados nos mesmos (tanto nenos coma avós). para outro ano penso que deberemos repetila con algo máis de tempo e publicidade.

vou deixar por aquí as fotos e a ver si deixades algún comentario :-) todas as fotos que fixemos están accesibles na seguinte dirección do flickr: FOTOS APETEGA
(se vos interesa algunha foto picade enriba para ampliala)

quero recordarvos que as fotos de momento non se poden ver dende os Institutos por que os listos da consellería (creo que é a de presidencia) teñen bloqueado o Flickr (que é a páxina que uso eu e centos de miles de persoas para compartir fotos). non estaría demáis que escribirades ou chamedes para insultalos por este motivo.

proxectos
interesante muiño

tini

dúas profes comentando os proxectos

proxectos6

coche con dous motores controlados con unha controladora caseira programable en C (para que digan os de informática que non sabemos usa-lo ordenador :-)


proxectos5

instalacción eléctricas na vivenda

proxectos4
proxectos3

proxectos de todo tipo

tvgenfolga

un pouco despois da nosa exposición-concentración había unha concentración de traballadores da TVG (noticia da que por suposto non se informa :-)

lego

brazo-robot de lego (nalgunhas comunidades xa mandan o lego mindstorm ás ulas; para cando en Galicia?)

nenos

os nenos disfrutaron moito dos proxectos

policia

ata a policia estaba interesada nos proxectos

cociña2

a cociña solar foi unha das estrelas da exposición

djrober2

dj Rober amenizou a xornada pinchando Kraftwerk (os pais do Tecno). e de paso se disimulaba un pouco o ruido do xenerador de electricidade.

22:48 | dpizarrro | 2 Comentarios | #



Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://apetega.bloxus.com//trackbacks/6593

Comentarios

1
De: María Fecha: 2005-06-05 22:23

podedes ver máis fotos no visor que hai en http://www.sialatecnologia.org/prensa.php



2
De: BLAGDAROS Fecha: 2005-06-06 11:56

Ah, cando pasabamos nos estábades a montar as cousas. Parecía interesante. :-)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.60 (5d9a038363)
Comentario



© picasso
Diseño por Bryan Bell
shim